CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS: Unha vez transcorrido un mes, desde o inicio do cuadrimestre no que se imparte a materia, habilitarase un prazo de dez días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. En avaliación continua, realizarase tres parciais liberatorios que valerán un 45% da nota final en conxunto (15% cada un), coa metodoloxía "exame de preguntas obxectivas", de cara a coñecer e poder manexar as fontes que rexen as relacións xurídico privadas transfronteirizas, como resultado da aprendizaxe. Ademais, realizaranse tres probas de tipo práctico que valerán outro 30% da nota final en conxunto (10% cada unha), coa metodoloxía "resolución de problemas e/ou exercicios", de cara tamén ao dito resultado de aprendizaxe. Haberá tres probas tipo test por un 15% (5% cada unha). O 10% restante da nota procederá da asistencia a clase e da participación nos debates e nas actividades que se organicen, coa metodoloxía de "debate" e de cara asemade aos resultados de aprendizaxe expostos. O conxunto das probas previstas axustaranse ás competencias descritas no apartado correspondente desta guía docente, que resultarán avaliadas como consecuencia daquelas. Non se exixe cualificación mínima e as probas non son recuperables, agás circunstancias excepcionais. Para puntuar no apartado de "debate" requírse unha asistencia mínima equivalente ao 80% das clases. Unha vez superado o prazo dun mes, desde o comezo do cuadrimestre no que se imparte a materia, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua CRITERIOS DE AVALIACIÓN FINAL PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS: O alumnado que non supere a avaliación continua ou que non a siga por calquera motivo será avaliado mediante un exame final teórico por valor do 50% da nota e outro práctico por valor doutro 50%, segundo as convocatorias que se publiquen por parte do decanato da Facultade para o curso 2024-2025, consonte as metodoloxías e cara á obtención dos mesmos resultados de aprendizaxe e avaliación de competencias descritas no apartado anterior. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA: Para a segunda edición de actas e fin de carreira aplicarase o mesmo sistema descrito no apartado anterior. As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024-2025 e documentación concordante As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e a todo o estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático. O alumnado que, a xuízo do profesor, incumpla o compromiso ético esixido pola Universidade de Vigo en relación coa realización de probas, será automáticamente expulsado da avaliación continua, sen prexuízo de outras accións que poidan derivar da súa conduta. As titorías do profesorado da materia pode consultarse e/ou solicitarse no/ seguinte/s enlace/s: http://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/jose-antonio-gonzalez-jerez/ (Grao) |