O sistema de avaliación descrito nesta guía corresponde a un modelo de avaliación continua, que require asistencia ás clases. Porén, o alumnado pode optar por unha avaliación final, baseada nunha serie de
metodoloxías comunicadas ao alumnado polo docente co fin de avaliar a
adquisición das competencias requeridas. A partires do inicio do curso académico, o alumnado que opte por esta última opción deberá comunicar ao profesorado encargado, no prazo dun mes, a súa renuncia á avaliación continua. As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024-2025 e documentación concordante. O alumnado que goce de dispensa académica e non desexe a avaliación final pode poñerse en contacto coa profesora da asignatura, ata o día 25 de setembro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias nas aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo. Na avaliación continua, a superación da materia require que o/a estudante obteña un mínimo de 5 na puntuación global (50 puntos), sendo preciso aprobar
ambas partes (teórica e práctica). Neste cómputo non se inclúen os exercicios non
orixinais do/a estudante nin aqueles traballos entregados fóra
de prazo ou nun formato diferente ao indicado. Valorarase positivamente a participación activa
durante as clases, tanto nas teóricas como nas prácticas. Coa proposta de cada
traballo e/ou actividade, o/a docente explicará detalladamente o contido e
normas formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. Aqueles estudantes que non completen o proceso de avaliación continua e/ou que non se presentaron ao exame da convocatoria oficial poderán optar á segunda oportunidade establecida polo calendario de exames oficiais. Nesta convocatoria o/a docente fixará un novo prazo de entrega dos traballos prácticos antes da data prevista para a convocatoria oficial do exame. En termos xerais, en todos os exercicios prácticos valorarase a
capacidade de expresión, análise e síntese; a capacidade crítica, analítica e
reflexiva; a redacción, o estilo e a corrección gramatical e ortográfica, así
como o coidado formal na presentación dos exercicios. A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario. As titorías do profesorado da poden consultarse e/ou solicitarse enviando unha mensaxe a través da páxina da materia na plataforma virtual docente. |