Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B1 |
Apreciar a diversidade e a multiculturalidade |
B2 |
Adquirir a habilidade para traballar nun contexto internacional |
B3 |
Identificar aspectos esenciais de culturas e costumes doutros países |
C1 |
Dominar a expresión, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse no exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero, nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional, co obxectivo de acadar una sociedade mais xusta e igualitaria. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipas interdisciplinares ou transdisciplinares para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
D3 |
Coñecer os conceptos, teorías e técnicas aplicadas á análise dos actores e relacións internacionais, tanto no ámbito universal coma no rexional, cunha perspectiva tanto histórica coma contemporánea |
D10 |
Adquirir coñecemento das técnicas, métodos de traballo e análise das ciencias humanas, sociais e xurídicas |