A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso e a nota numérica de 0 na materia na oportunidade correspondente, mantendo as cualificacións das outras actividades para a seguinte oportunidade.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS: A avalición continua incluirá todas as metodoloxías docentes indicadadas previamente. Os estudantes que realicen algunha das probas consideraránse que seguen a avaliación contínua por tanto, deberán seguir o procedemento de avaliación descrito anteriormente. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e a todo o estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático. Cualificación en ACTAS A avalición dos asistentes se realizará en base ás metodoloxías docentes descritas anteriormente, coa ponderación fixada. En calquera caso, requírese un mínimo de 4 en cada proba para superar a materia. No caso de que non se logre a nota mínima nalgunha delas, a nota final que constará na acta será o menor destes dous valores: - O obtido pola aplicación da ponderación dos métodos de avaliación - Valor fixo 4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN FINAL PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS: Para os estudantes que opten para avaliación global e non contínua realizaráse un único exame no que se avaliarán todas as competencias da materia. Esta proba consistirá na resolución de exercicios curtos e respostas a preguntas curtas e/ou respostas de opción múltiple, que abarcarán tanto os conceptos teóricos como os prácticos. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA: Nas edicións de xullo e fin de carreira, realizaráse un único exame no que se avaliarán todas as competencias da materia. Esta proba consistirá na resolución de exercicios curtos e respostas a preguntas curtas e/ou respostas de opción múltiple, que abarcarán tanto os conceptos teóricos como os prácticos. As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante As titorías do profesorado da materia pode consultarse e/ou solicitarse no/ seguinte/s enlace/s (engadindo un enlace por cada docente). https://www.uvigo.gal/es/universidad/administracion-personal/pdi/alma-maria-gomez-rodriguezn concordante. |