Esta materia ten dúas modalidades de avaliación: continua e final. Neste sentido, unha vez superado o prazo dun mes, dende o comenzo do primeiro cuatrimestre, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ben o sistema de avaliación continúa o ben o sistema de avaliación final. No caso de que o alumnado non manifeste o sistema o que desexa acollerse, entenderse que escolle o sistema de avaliación final. CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS O alumnado que opte pola avaliación continua, realizará ao longo do curso as diferentes probas descritas no apartado "avaliación" desta guía, é dicir, dous test, un traballo que será obxecto de exposición na aula, así como resolución de casos prácticos que se plantexarán nos grupos medianos. Con estas probas poderán obter máximo de seis puntos. En todo caso, para poder seguir a modalidade de avaliación continua o alumnado deberá asistir a un 80% das clases prácticas. Ademais, o alumnado realizará un exame de preguntas de desenvolvemento, de carácter obrigatorio, que se celebrará na data prevista no calendario de examen da facultade e que puntuará un máximo de 4 puntos. Só se sumará a calificación obtida nas probas de avaliación continua si alcanza no examen unha nota igual ou superior a dous puntos. CRITERIOS DE AVALIACIÓN FINAL PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS Aqueles alumnos que non se sometan á avaliación continua, a proba a realizar, modalidade avaliación final, constará de duas partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento, así como a resolución dun caso práctico. A proba escrita calificarase cun máximo de 8 puntos e a resolución do caso práctico sobre un máximo de dous. A nota obtida na resolución do caso práctico so se lle sumará a da proba escrita sempre e cando a nota da proba escrita sexa igual ou superior a 4. En todo caso, as competencias e resultados de aprendizaxe avaliados serán os mesmos que no sistema de avaliación continua. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA 1.Os alumnos que, optando polo sistema de avaliación continua non superen a materia na primeira oportunidade, conservaráselles a nota que obtivesen na avaliación continua cando se presenten á segunda oportunidade (exame de xuño e no seu caso, seguinte curso académico), tendo que realizar exclusivamente e con carácter obrigatorio, a parte teórica do exame que consistirá, do mesmo xeito que na primeira oportunidade, en preguntas de desenvolvemento que representan o 40% da nota. Asi mesmo, só se sumará a calificación obtida nas probas de avaliación continu, sempre o cando a nota alcanzada no exame sea igual ou superior a dous puntos. En todo caso, as competencias e resultados de aprendizaxe avaliados serán os mesmos que na primeira edición de actas. 2. Aqueles alumnos que opten polo sistema de avaliación final, o sistema avaliación serán os memos que se establecen na primeira edición de Actas 3. A avaliación correspondente á Convocatoria Fin de carreiras será igual que a da modalidade de sistema de avalicación final descrita nesta guía. As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para presente curso académico e documentación concordante. Publicación das cualificacións: As cualificacións se publicaranse na plataforma moovi con acceso limitado ao profesorado da materia e a todo o alumnado matriculado. As tutorías do profesorado da materia poden solicitarse no seguinte enlace http://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/maria-belen-sanchez-ramos/ |