Observacións xerais Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios, prácticas e probas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade." O alumnado poderá elixir o sistema de avaliación que lle será aplicado na materia. Si o alumno/a non indica nada, enténdese que seguirá a avaliación continua. O alumnado que desexe optar por unha avaliación global(un único exame ao final do cuadrimestre) deberá notificalo mediante o envío dunha mensaxe de correo electrónico á coordinación da materia, nos primeiros dez días hábiles, transcurrido un mes dende o inicio do cuadrimestre. DATAS DE AVALIACIÓN As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicaranse no calendario de actividades da materia, dispoñible na páxina web da Facultade. http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/cronogramas-de-actividades/ As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación global das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade, dispoñible na páxina web da Facultade. http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/exames/ As cualificacións publicaranse na plataforma Moovi, con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático. Criterios xerais de avaliación A materia divídese en dous partes: contidos teóricos (20%) e contidos prácticos (80%). Os contidos teóricos avaliaranse mediante probas de resposta curta (10%) e exame de preguntas obxectivas (10%). A parte de contidos prácticos divídese en catro bloques: 1. Bases de datos xurídicas (15%)que se avaliará mediante exame de preguntas obxectivas. 2. Procesador de textos avanzado(15%) realizaranse probas prácticas que se avaliarán mediante rúbricas. 3. Folla de cálculo (15%) que se avaliará mediante exame de preguntas obxectivas. 4. Redes (35%) realizaranse probas prácticas que se avaliarán mediante rúbricas. A nota final obterase aplicando a seguinte fórmula para o cálculo da media ponderada: Nota teoría x 20% + nota bases de datos xurídicas x 15% + nota procesador de textos avanzado x 15% + nota folla de cálculo x 15% + nota redes x 35% Será necesario, para poder aplicar esta fórmula e calcular a nota final, obter unha cualificación mínima de 4en cada un dos bloques nos que se divide a materia. Para superar a materia o alumno debe obter, como nota final, unha cualificación igual ou superior a 5. PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS Si nalgún dos bloques o alumno obten unha nota inferior a 4, ainda que a nota media sexa igual ou superior a 5, a materia estará suspensa e a cualificación final que figurará en acta será Suspenso (4). Criterios de avaliación continua Enténdese que, si non se sinala ocontrario, todo o alumnado será avaliado mediante unha avaliación continua, mediante a realización de probas e actividades, desenvolvidas ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación, descritos no apartado anterior. Criterios de avaliación globalTodos os alumnos que desexen ser avaliados cun exame final único (100% da nota), que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre (aplicando os criterios xerais de avaliación descritos anteriormente), deberán notificar á coordinación da materia a súa elección nos primeiros dez días hábiles transcurrido un mes dende o inicio do cuadrimestre, mediante correo electrónico. Competencias avaliadas: as mesmas que no sistema de avaliación continua. Resultados de aprendizaxe avaliados: os mesmos que no sistema de avaliación continua. Criterios de avaliación para 2ªedición de actas e fin de carreiraNa segunda oportunidade (Xullo) e na convocatoria de fin de carreira os estudantes serán avaliados cun exame final único (100% da nota) que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación descritos anteriormente. Competencias avaliadas: as mesmas que no sistema de avaliación continua. Resultados de aprendizaxe avaliados: os mesmos que no sistema de avaliación continua. CONSULTA / SOLICITUDE DE TITORÍAS As titorías pódense consultar a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/
|