Traballo tutelado |
Realización dun traballo de investigación, experimentación ou
desenrolo orixinal nalgunha das liñas desenvolvidas no módulo específico do Mestrado, relacionado
con algúns dos múltiples ámbitos do mundo profesional propios do ámbito do ensino secundario.
Encamiñarase ao desenvolvemento dunha actividade que contribúa a acadar un conxunto de competencias de carácter académico, profesionalizante e investigador que enriqueza globalmente a súa formación inicial. Será guiado por unha persoa docente da universidade. Este traballo estará
encadrado na etapa da educación secundaria obrigatoria ou postobrigatoria.
O traballo de fin de mestrado poderá estar ligado ás actividades de aula, unidades didácticas ou proxectos realizados polo alumnado na fase de prácticas, incluíndo sempre os aspectos de investigación educativa pertinentes a xuízo da persoa titora da universidade. |