1. As cualificacións indicadas en termos porcentuais no cadro supra son as máximas que se poden acadar en cada unha
das probas na MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA 2. Para acollerse á MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA o alumnado terá unha asistencia mínima do 85% das clases. 3. Para superar a materia na MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA o alumnado deberá superar todas as probas
referidas, obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada unha das probas avaliables. 4. MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL: Esta modalidade de avaliación está dirixida a: ao alumnado que non
cumpra o 85% da asitencia especificada no punto nº 2 ou a aquel que opte por esta modalidade, sempre e cando llo
comunique ao profesorado na primeira quincena de impartición da materia. 5. A MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL consistirá nun exame sobre a totalidade do temario da materia que constará de 10 cuestións, algunhas de resposta curta e outras de resposta longa, sobre os contidos da materia que se xulgará conforme aos criterios de logro das competencias e obxectivos da mesma. Asemade deberá entregar os traballos que lle encomende o profesorado para avaliar as competencias que non poidan ser avaliadas mediante proba escrita de exame. 6. EXAMES: A proba escrita terá lugar nas datas e horas que se sinalen pola dirección do mestrado. 7. Segunda oportunidade (xullo): As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de
avaliación na 2ª do mesmo curso académico. |