Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos
sobre a materia obxecto de estudo. Bases
teóricas e directrices dos traballos a desenvolver. |
Estudo de casos |
Análises dun feito, problema ou suceso real coa
finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo,
xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar,
completar coñecementos, diagnosticalo e
adestrarse en procedementos alternativos de
solución. |
Presentación |
Exposición por parte do alumnado ante o
docente e o grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Realización de actividades que permiten a
cooperación e enfrontan aos
alumnos, traballando en equipo, a problemas
abertos. Permiten adestrar, entre outras, as
capacidades de aprendizaxe en cooperación,
de liderado, de organización, de comunicación
e de fortalecemento das relacións persoais. |
Saídas de estudo |
Actividades de aplicación dos coñecementos a
situacións concretas e de adquisición de
habilidades básicas e procedimentais
Desenvólvense en espazos non académicos
exteriores. |