ALUMNADO AVALIACIÓN CONTINUA - Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas enténdese que se acollen ao procedemento de avaliación continua recollido anteriormente. - A avaliación anterior é válida para alumnos que realicen avaliación continua. O alumnado deberá aprobar cada unha das probas de avaliación enumeradas anteriormente para superar a materia con un mínimo dun 5. - Se algún estudante non se presenta a algunha das probas asignaráselle a calificación de 0 nela. - O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente atópase publicado na páxina web http://mpe.uvigo.es/gl/. ALUMNADO DE AVALIACIÓN GLOBAL - Considérsa que o estudantado que non realice a presentación de exposición oral e non asista a clases presencialemente optará pola avaliación global. - Para o caso de alumnado que non opte pola avaliación continua, o procedemento será un conxunto de probas que representará o 100% da calificación da materia. Para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10. Proba 1: Resolución de problemas Descripción: Proba obxectiva que incluirá avaliación de conceptos prácticos. Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 60% % Mínimo: Deberá obter un mínimo de 5 sobre 10. Proba 2: Resolución de problemas e/ ou exercicios Descripción: Proba obxectiva que incluirá avaliación de conceptos teóricos aplicados. Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 40% CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA - Empregaranse os sistemas de avaliación continua e global expostos anteriormente. PROCESO DE CUALIFICACIÓN EN ACTAS - Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria, en caso de non superar algunha parate da avaliación, pero a puntuación global fora superior a 4 sobre 10, a calificación en actas será de 4. DATAS AVALIACIÓN - As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicaranse no calendario de actividades dispoñible na páxina web http://mpe.uvigo.es/gl/ - As datas oficiais de exame das diferentes convocatoria, aprobadas oficialmente atópanse publicadas na páxina web http://mpe.uvigo.es/gl/ EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓVILES Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móviles en exercicios e prácticas non habilitados para iso, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario. CONSULTA E/OU SOLICITUDE DE TITORÍAS As titorías consultaranse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de http://mpe.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/ O profesor pode establecer un sistema integral para o traballo en aula, traballos tutelados e presentacións/exposicións, e en base a este sistema realizar a avaliación. |