Traballo tutelado |
Presentación, defensa e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a bibliografía e a presentación e exposición formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecer e aplicar correctamente metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. E planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisicion das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como a orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro. |
40 |
|
B3 B12 B13 B16 B18
|
C25 C26
|
D1 D2 D3
|
Resolución de problemas |
Presentacións/Exposicións: Exposición por parte do alumnado de cuestións relativas aos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, proxecto, etc., ben sexa de forma individual ou en grupo. |
20 |
|
B12
|
C24
|
D3
|
O alumnado deberá realizar as probas, traballos ou exercicios que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase na plataforma Moodle (MooVi, UVigo). A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba, traballo, ou exercicios nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias"(dlerae). Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, e as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota). O seguimento individualizado da participación de cada estudante farase a partir das ferramentas propias da plataforma. O alumnado poderá recuperar as competencias non adquiridas na primeira convocatoria mantendo a nota das probas/actividades xa superadas no caso de acollerse á modalidade de avaliación continua. No caso de non superar as competencias asignadas ou de optar polas probas de avaliación global, deberá presentarse ás probas fixadas na data prevista pola coordinación do Mestrado. As devanditas probas constarán dos mesmos traballos, problemas e prácticas, a exposición dos cales deberá realizarse na devandita data. |