- O profesorado facilitará e/ou indicará ao alumnado na clase o material didáctico pertinente para o desenvolvemento das actividades e traballos da materia. Na plataforma MooVi poderanse consultar diversos materiais e axudas para o desenvolvemento da aprendizaxe.
- Este máster ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto, a asistencia a clase e a realización do traballo para a avaliación continua é obrigatoria. Por causas xustificadas está permitido faltar, como máximo, ao 20% das horas presenciais.
- Os prazos das entregas das actividades, traballos, etc. serán comunicados polo profesorado e é necesario cumprilos para ser cualificados na avaliación continua.
|