Neste
apartado da Guía Docente contémplanse distintas posibilidades de avaliación. A. Alumnado en xeral Por defecto as/os alumnas/os avaliarase da seguinte forma: Nota Final (NF) = Traballo Tutelado (TT=20 %) + Seminarios (S=40 %) + Prácticas de Laboratorio (PL=40 %)
- Prácticas de Laboratorio: a cualificación neste apartado suporá o 40 % da nota global.
- Seminarios: a cualificación neste
apartado suporá o 40 % da nota global. - Traballo Tutelado: a calificación neste
apartado suporá un 20 % da nota global.
B. Alumnado con responsabilidades laborais No caso de alumnas/os que non poidan asistir ás sesións presenciais
debido a motivos profesionais (debidamente xustificados), deberán poñerse en contacto coa coordinadora da materia durante as dúas primeiras semanas de clase mediante correo electrónico. Devanditos alumnas/os se lle indicará, en función de cada caso, como deben cursar e como se lles avaliarán as metodoloxías de Seminario, Traballo Tutelado e Prácticas de Laboratorio.
Compromiso ético As/os
alumnas/os debe presentar un comportamento ético apropiado. No caso de
comportamentos non éticos (copia, plaxio, uso de equipos electrónicos non
autorizados, utilización de dispositivos de telefonía móbil durante as horas de
clase...), que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes,
considerarase que as/os alumnas/os non reúnen os requisitos necesarios para superar a
materia, nese caso a cualificación no curso académico actual será de suspenso
(0).
Gravación
de imaxe e/ou audio Salvo
autorización expresa por parte das profesoras, non estará permitida a gravación,
total ou parcial, tanto de son como de imaxe, das clases maxistrais, seminarios
ou prácticas da materia, conforme as previsións da Lei de Propiedade
Intelectual, da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e da
Lei Orgánica de Protección Civil do Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e
Familiar e á Propia Imaxe. En función, no seu caso, do uso posterior que se lle
dese, a gravación non consentida pode dar orixe a responsabilidades civís,
disciplinarias, administrativas e, eventualmente, penais. |