A) Convocatorias 1ª e 2ª Oportunidade Plantéxanse dúas modalidades de avaliación: continua e global. A.1. Modalidade de Avaliación Continua. A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global debe comunicalo ao responsable de materia por email, ou a través da plataforma Moovi, nun plazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia. Neste caso, o cálculo da nota final se levará a cabo aplicando a seguinte ecuación: Nota final=Nota exame teoría *0.15+Nota exame de problemas *0.15+Nota traballo tutelado *0.40+Nota informes de prácticas *0.30. Para superar a materia ha de obterse unha nota igual ou superior a 5. A.2. Modalidade de Avaliación Global No caso do alumnado que opte pola avaliación global, o cálculo da nota final se levará a cabo coa seguinte ecuación: Nota final=Nota exame teoría *0.35+Nota exame de problemas *0.35+Nota exame de prácticas *0.30. Para superar a materia ha de obterse unha nota igual ou superior a 5. B) Convocatoria Fin de Carreira Na convocatoria de fin de carreira, o modo de avaliación e os criterios serán os indicados no apartado A.2. de Avaliación Global. C) Datas de exames Os exames da materia terán lugar nas datas fixadas polos Coordinadores de Máster. |