Presentación, exposición e defensa do Traballo de Fin de Grao diante do Tribunal nomeado pola Facultade de Ciencias que, de acordo á normativa vixente, establecerá ou a nota baseándose para iso na rúbrica aprobada en Xunta de Facultade (máis información en http://fcou.uvigo.es/gl/docencia/traballo-fin-de-grao/).
A exposición farase de maneira presencial de acordo ás indicacións das autoridades académicas.
Sistema de cualificacións: expresarase mediante cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente
A avaliación global está composta por:
1. Un 25% polo informe do/os titores, avaliando os indicadores IT1 (asistencia ás
reunións planificadas), IT2 (realización das tarefas parciais na data e forma prevista
polo titor, IT3 (realización do TFG no prazo previsto e IT4: evolución da
autonomía durante a realización do traballo, nunha escala de 0 a 10 puntos.,
2. Un 35% pola presentación oral do traballo, avaliando a indicadores PO1 (calidade da Presentación Oral), PO2 (claridade Expositiva) e PO3 (respostas aos Avaliadores), nunha escala de 0 a 10 puntos.
3. Un 40% pola presentación do traballo escrito, avaliando os indicadores TE1 (redacción Formal), TE2 (contido), TE3 (presentación de Datos), TE4 (discusión), TE5 (conclusións) e TE6 (bibliografía), nunha escala de 0 a 10 puntos.
Resultados dá aprendizaxe avaliados: RA1
100
A3 A4 A5
B1 B2 B3 B4
C30
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10
Outros comentarios sobre a Avaliación
As directrices xerais relativas á definición, elaboración, presentación, defensa e avaliación dos TFG da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo regularanse polo Regulamento para a realización do Traballo de Fin de Grao da Universidade de Vigo. Cambios neste regulamento aprobados con posterioridade á elaboración desta guía docente, poderán supor unha modificación dos condicionantes que a esos efectos se describen na guía.
En todo, caso, se recomenda ó estudantado consultar a normativa da Facultade de Ciencias relacionada co TFG na súa páxina web (http://fcou.uvigo.es/gl/docencia/traballo-fin-de-grao/).