A avaliación é continua
(modalidade de avaliación preferente) aínda que o alumnado poderá dispoñer como
alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen
realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo
ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma
Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da impartición da
docencia da materia. Aqueles
alumnos que debidamente acrediten a imposibilidade de asistencia cotiá, deberán
porse en contacto co/a profesor/a para determinar un sistema alternativo de calificación
que poderá ser mediante un exame tradicional que abarcará todos os contidos da
materia, tanto os impartidos na exposición maxistral como os adquiridos a
través doutras actividades. Deberán asistir a prácticas no período programado.
A puntuación por apartados aplicarase as convocatorias de cada ano (maio e xullo). Será necesario acadar puntuación en cada un dos apartados para poder superar a materia. A
convocatoria Fin de Carreira será un único exame final cun valor do 100% da cualificación. Exames: Fin de
Carreira 25/09/2024 ás 16:00 h. 1ª
edición 27/03/2025 ás 16:00 a.m 2ª
edición 10/07/2025 ás 16:00 a.m En
todo caso, se as datas dos exames non coinciden coas datas publicadas pola Facultade
de Ciencias, prevalecerá o establecido na súa páxina Web e no taboleiro de
anuncios. |