Utilizarase preferentemente a modalidade de avaliación continua seguindo a secuencia de actividades que se propoñan. O alumnado que queira Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberá comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da impartición da materia.
Os estudantes que non
poidan asistir ás clases prácticas e os seminarios deberán entregar un
documento que xustifique, debidamente, o motivo polo que non van asistir a
estas actividades. Para estes estudantes o sistema de avaliación será o mesmo
pero deberán elaborar unha memoria de actividades, similares ás que se realizan
en seminarios e en prácticas segundo lle indique a profesora coordinadora da
materia.
E requisito imprescindible acadar como mínimo o 50%
da cualificación en cada un dos apartados: lección maxistral, seminarios e
prácticas de laboratorio para poder superar a materia.
Para a segunda edición manteranse as cualificacións
parciais obtidas, con excepción da correspondente ao exame.
A convocatoria Fin de Carreira será un único exame
final cun valor do 100% da cualificación.
Exames:
Fin de Carreira 23/09/2024 ás 16h.
1ª edición 02/06/2025 ás 16h.
2ª edición 08/07/2025 ás 16 h.
En todo caso, se as datas dos exames non coinciden
coas datas publicadas pola Facultade de Ciencias, prevalecerá o establecido na
súa páxina Web e no taboleiro de anuncios.