A modalidade
de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a
Avaliación Global (o 100% da cualificación no exame oficial) debe comunicarllo
ao responsable de materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo
non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia. Na avaliación
continua valorarase a asistencia e participación continua estudante. A realización de prácticas é obrigatoria. Para poder aprobar a materia (continuo) será imprescindible obter un mínimo
de 5 puntos sobre 10 nas probas de coñecementos teóricos e de seminarios, respectivamente. Datas exames: Fin de Carrera: 17/09/2024 10:00 1ª Edición: 22/01/2025 10:00 2ª Edición:02/07/2025 10:00 Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de
carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso
de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do
mesmo xeito que o resto de alumnos. Convocatoria xullo: a avaliación constará
dun exame escrito. A porcentaxe da nota da proba escrita será do 85%. O peso da
docencia práctica será do 15%. O alumno deberá presentar o informe escrito das
prácticas realizadas no laboratorio. En caso de erro na transcrición das datas
de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro
de anuncios e na web do Centro. Non se permitirá a utilización de ningún
dispositivo electrónico durante as probas de avaliación. Facelo será
considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e
a cualificación será de 0.0. Compromiso ético: O alumno debe presentar un comportamento ético apropiado.
No caso de comportamentos non éticos (copia, plaxio, uso de equipos
electrónicos non autorizados…), que impidan o desenvolvemento correcto das
actividades docentes, considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia, nese caso a cualificación no curso académico
actual será de suspenso (0.0). |