Hai dúas modalidades de avaliación: - Avaliación continua - Avaliación global A modalidade de avaliación preferente é a avaliación continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicarselo ao responsable de materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia Na Avaluación Continua: A materia considerase superada si se cumpren os seguintes dous requisitos: 1. Obter unha nota igual ou superior a 5 na proba de preguntas obxectivas 2. A nota media ponderada de todas as metodoloxías avaliables sexa igual ou superior a 5. Polo que é indispensable, para superar a materia, o entregar todas as actividades docentes propostas O alumnado que en 1ª convocatoria non supere a nota mínima establecida para a proba de preguntas obxectivas, se lles guardará a calificación do resto de actividades para a 2ª convocatoria do ano en curso. O alumnado que en 1ªconvocatoria non entregue todas as actividades docentes propostas e supere o exame, gárdaselle a nota do exame para a 2ª convocatoria, até a entrega de devanditas actividades. Datas de examenes: - Fin de Carreira: 27-Setembro-2024 16 h
- 1ª Edición: 06-Xuño-2025 16 h
- 2ª Edición: 14-Xullo-2025 16 h
En caso de erro na transcripción das datas de exámens, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboa de anuncios e na web do Centro.
Convocatoria fin de carreira: o alumnado que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado únicamente co exame (100% da nota). En caso de non asistir a devandito exame, ou non aprobalo, pasarà a ser avaliado do mesmo xeito que o resto do alumnado.
|