1) Sistema de avaliación: a modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicarllo ó responsable da materia, por email (a gil@uvigo.gal) ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia. 2) Avaliación final do bimestre (1ª edición da acta):
2.1) Exame (40% da nota global): é necesario obter un mínimo (4.5 sobre 10) no exame oficial para poder aprobar a materia. Nos exames poderase indicar requisitos adicionais para superar a materia (como obter un mínimo de puntuación en algunha parte do exame ou que haxa preguntas eliminatorias).
2.2) Prácticas de laboratorio (20% da nota global): a asistencia ás prácticas de laboratorio e a entrega da memoria é
obrigatoria en calqueira das modalidades para poder aprobar a materia.
2.3) Resolución de problemas de forma autónoma (40% da nota global): a cualificación neste apartado será a suma das obtidas en cada unha das entregas de exercicios que realice o alumno.
2.4) Cualificación da materia: - Para o alumno que supere o exame (cun mínimo de 4.5 sobre 10), a cualificación será a suma da do exame máis as das prácticas de laboratorio e da resolución de problemas de forma autónoma (aplicando as correspondentes porcentaxes sobre a nota global):
NOTA = 0.40*(NOTA EXAME) + 0.40*(NOTA RESOLUCIÓN PROBLEMAS) + 0.20*(NOTA PRÁCTICAS)
- Para o alumno que non supere o exame, a cualificación da materia será a do exame (en base 10):
NOTA = (NOTA EXAME)
- "Non presentado": só aplicarase ao alumno que non teña ningunha cualificación en ningunha das metodoloxías.
3) Convocatoria de fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos nas outras oportunidades existentes ao longo do curso.
4) Avaliación final (2ª edición da acta): na segunda edición, o alumno poderá elixir entre que se lle manteña a nota das metodoloxías de "Resolución de Problemas de Forma autónoma" e "Prácticas de Laboratorio" (valoradas respectivamente co 40% e 20% da nota total) e que o exame represente un 40% da nota global, ou que non se lle manteña algunha delas (sumándoselle a porcentaxe desta metodoloxía ao do exame). A opción por defecto será manter as notas obtidas na primeira edición da acta.
5) Comunicación cos alumnos: a comunicación cos alumnos(cualificacións, convocatorias, etc) realizarase a través da plataforma Moovi.
6) Exames: as datas oficiais para a realización dos exames son:
- Fin de carreira: 25 de setembro
de 2024 ás 16:00.
- 1ª edición: 3 de xuño de 2025
ás 16:00.
-
2ª edición: 10 de xullo de
2025 ás 16:00. As datas de exames son as aprobadas pola Facultade de Ciencias. En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. 7) Compromiso ético: espérase que os estudantes presentes un comportamento ético adecuado. En caso de detectar malas prácticas como copia, plaxio, utilización de calquera aparello electrónico nona utorizado expresamente (normalmente só permitirase o uso de calculadora) considerarase que o alumno non reúne os requisitos adecuados para superar a materia e a súa cualificación global será de 0.0, en cumprimento do Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario , artigo 13.2.d, relativo aos deberes dos estudantes universitarios : "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade". |