As datas de exames son as aprobadas pola Xunta de Facultade (en caso de
erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas
oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro): - Fin
de Grado: 26 de setembro de 2024 ás 10:00 -
1ª
edición: 28 de marzo de 2025 ás 10:00 -
2ª
edición: 11 de xullo de 2025 ás 10:00
A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua.
Aquel/a estudante que desexe a Avaliación Global (o 100% da
calificación no examen oficial) debe comunicarllo ao responsable da materia,
por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes
desde o comenzo da docencia da materia. Avaliación continua: A nota final da avaliación continua obtense pola media ponderada dos ítem
anteriores: Nota = 0,10 x Resolución problemas de forma autónoma + 0,20 x Prácticas +
0,35 x Exame Parte I + 0,35 x Exame Parte II De acadarse nalgunha das Partes I ou II de Exame unha nota inferior a 3
puntos sobre 10, aínda que a nota final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a
nota máxima obtida será de 4,5 puntos. Aqueles/as estudantes que non obtiveran unha calificación igual ou superior
a 5 puntos sobre 10 no Exame da Parte I, poderán solicitar un exame adicional a
continuación do exame final da primeira oportunidade. A puntuación final
será obtenida neste exame
adicional. No exame de segunda oportunidade, o/a estudante manterá a
nota do Traballo e Prácticas, e realizará un Exame da Parte I e/ou II das que
non se obtivera unha calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10, ou en
caso de querer subir nota nas mesmas. A puntuación corresponderá coa obtida en
segunda oportunidade. Avaliación global primeira oportunidade, segunda
oportunidade e Fin de Carreira: Aqueles/as estudantes que soliciten a avaliación global para a primeira e
segunda oportunidade, ou se examinen de Fin de Carreira, realizarán un exame
dividido en tres partes: - Exame
Parte I problemas correspondentes a teoría de circuítos, cun peso do 35 % -
Exame
Parte II problemas correspondentes a máquinas e instalacións eléctricas, cun
peso do 35 % -
Exame
sobre cuestións teórico-prácticas da materia, cun peso do 30 %.
De acadarse nalgunha das Partes I e II do exame global de primeira e
segunda oportunidade unha nota inferior a 3 puntos sobre 10, aínda que a nota
final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a nota máxima obtida será de 4,5
puntos. Conservarase para a segunda oportunidade, aquela parte ou partes da
avaliación global da primeira oportunidade superadas, nas que obtiveron unha
calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10. Por tanto, o/a estudante
poderá: - Presentarse
ao resto de partes do exame. Neste caso conservarase a nota da parte ou partes
superadas. -
Facer
o exame completo, de querer subir nota nas partes xa superadas anteriormente.
Neste caso, a puntuación corresponderase coa obtida en cada unha das partes do
exame de segunda oportunidade.
Cada nova matrícula na materia supón unha posta a cero
de todas as calificaciones obtidas en cursos anteriores. Con todo, aqueles/as
estudantes que realizasen todas as prácticas de laboratorio do curso académico
inmediatamente anterior, e obtivesen unha nota de 5 puntos sobre 10 de media
nas mesmas, poderán solicitar o seu recoñecemento no prazo que se estableza ao
comezo da docencia. Agárdase que os/as estudantes presenten un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non axeitado
(copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e
outros) considerarase que o/a estudante non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso, a califcación global en dita edición será de
SUSPENSO (0.0). |