A avaliación é continua (modalidade de avaliación preferente) aínda que o alumnado poderá dispor como alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde inícioo da impartición da docencia da materia. É necesario aprobar o exame cunha nota mínima de 5,0 puntos para superar a materia. Os alumnos con deberes laborais poranse en contacto que o profesor, que lles indicará como superar as metodoloxías ás que non poida asistir con regularidade. Datas exames: Fin de carreira: 24/09/2024, 16 h. 1ª edición: 24/03/2025, 10 h. 2ª edición: 09/07/2025, 10 h Convocatoria fin de carreira: el alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá el 100% da nota). En caso de non asistir ao exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos. En caso de erro na transcrición das datas dos exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web da Facultade de Ciencias. |