A avaliación é continua
(modalidade de avaliación preferente) aínda que o alumnado poderá dispoñer como
alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen
realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo
ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma
Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da impartición da
docencia da materia. A avaliación constará de catro partes: a avaliación da asistencia e actidude nos seminarios e excursión (10%); a avaliación da asistencia, actitude e traballo en grupo durante as prácticas de laboratorio (10%); a realización dun exame con preguntas prácticas sobre os temas tratados nos seminarios (40%), e a realización dun exame con preguntas teóricas e prácticas na data
oficial establecida polo centro para acreditar os seus coñecementos e
competencias na materia (40%). Se algún alumno opta por unha avaliación nunha única proba durante o exame oficial (100% da cualificación) deberá comunicalo ao
coordinador da materia, por email, nun plazo non superior
ao primero mes de docencia. As datas oficiais de exame para o curso 2024/2025 son as seguintes: Fin de carreira 19 de setembro de 2024 ás 10:00 h; Convocatoria ordinaria 8 de novembro de 2024 ás 10:00 h; Convocatoria extraordinaria, 08 de xullo de 2025 ás 10:00 h. Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado únicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de erro na transcripción das datas de exame, son válidas as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e a web do Centro. |