IMPORTANTE: A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel
alumno ou alumna que desexe a Avaliación Global (o 100% da cualificación no exame
oficial acerca de todos os contidos da materia: leccións maxistrais, seminarios, temas dos traballos e prácticas de laboratorio) debe comunicarllo ao profesorado responsable de materia, por email ou a
través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia.
A asistencia ás prácticas de laboratorio e aos seminarios é obrigatoria no 80% da horas destinadas aos mesmos, na modalidade de Avaliación Continua, na primeira edición. Na Avaliación Global non é obrigatoria a asistencia a ningún tipo de docencia. Con todo, todos os contidos da materia serán avaliados nun único exame.
En Avaliación Continua, dado que o exame é eliminatorio, en segundas convocatorias, os alumnos terán que supera-lo 50% do total do exame. O resto das puntuacións da avaliación continua lles serán sumadas sempre que superen esta proba. En Avaliación Global, en segundas
convocatorias, o alumnado deberá supera-lo 50% do total do exame. Casos
particulares de índole persoal serán considerados polo profesorado responsable, sempre tendo en conta que o alumnado
adquira as competencias específicas da materia.
O alumnado que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota).
Datas de exames:
Fin de carreira: 23/09/2024 ás 16 horas
1ª edición: 26/03/2025 ás 16 horas
2ª edición: 08/07/2025 ás 16 horas
En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas serán as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. Os exames serán presenciais salvo que a UVigo ordene o contrario. |