-Con carácter xeral, será necesario o uso de calculadora nas clases da materia e nos exames.
- Por razóns pedagóxicas é altamente recomendable a asistencia regular a clase.
Sen dúbida, a asistencia regular ás clases fará que a dificultade de superar a materia sexa notablemente máis baixa. Así, o alumno poderá aproveitarse dun ritmo de traballo continuo e da exposición de contidos teóricos e prácticos feitos na aula polos seus compañeiros e polo profesor. |