A modalidade de avaliación preferente é a avaliación Continua. Aquel/a alumno/a que desexe a avaliación global (100% da nota no exame final) debe comunicarselo o responsable da materia, por email o a través de Moovi, nun prazo non superior a quince días desde o comenzo da docencia da materia. Os exames terán lugar nas seguintes datas aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro. Na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado que opte por esta modalidade será avaliado unicamente polo exame que valerá o 100% da nota. Na
convocatoria de xulio, o alumnado poderá optar a ser avaliado únicamente polo
exame que valdrá o 100% da nota. AVALIACIÓN
CONTINUA O
cómputo da porcentaxe do resto de actividades será efectivo sempre cando se
obteña unha puntuación mínima de 4 puntos no exame de preguntas obxectivas. Ademáis, requírese a asistencia ao 100% das sesións de prácticas de laboratorio. O alumnado con ocupacións laborais, ou similares, que non poidan acudir con regularidade a algunha das actividades porase en contacto co profesor cando se inicie o bimestre. |