CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN ALUMNOS/AS A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno/a que desexe a Avaliación Global (o 100% da cualificación á nota obtida no exame oficial) debe comunicarllo ao responsable de materia, por correo electrónico, nun prazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia. 1) AVALIACIÓN CONTINUA Para a contabilización das notas de asistencia (10%), boletíns de seminarios (40%) e láminas tipo (10%), o alumno/a DEBE OBTER un mínimo de 5 puntos de 10 no exame oficial da materia. En caso contrario, a cualificación desa convocatoria será a nota (sobre 10) obtida no exame oficial. As cualificacións de asistencia (10%), boletíns de seminarios (40%) e láminas tipo (10%) obtidas polos alumnos/as en avaliación continua gardaranse até a 2ª convocatoria do mesmo ano académico. 2) AVALIACIÓN GLOBAL A cualificación do alumno/a será a obtida nun exame global propio a realizar na data oficial fixada polo calendario. Este exame cualificarase sobre 10 puntos. O alumno/a debe solicitar expresamente a súa adhesión a este tipo de avaliación, comunicándoo ao responsable da materia, por correo electrónico, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia.” 3) CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA Os alumnos/as que opten por examinarse en fin de carreira serán avaliados unicamente co exame que se cualificará sobre 10 puntos. 4) AVALIACIÓN DE ALUMNOS QUE COMPATIBILICEN TRABALLO E ESTUDOS: Aqueles alumnos/as que acrediten ser traballadores en activo no período docente da materia, avaliásense pola entrega dos BOLETÍNS DE EXERCICIOS (40% da nota final), LAMINAS TIPO (10% da nota final) e o EXAME FINAL (50% da nota final). A cualificación mínima para poder sumar as 3 notas será dun 3,5/10 no EXAME FINAL da materia. En caso contrario, a cualificación desa convocatoria será a nota (sobre 10) obtida no exame oficial. O alumno/a debe acreditar ao profesor, por medio legalmente válido, a súa condición de traballador en activo no período de docencia da materia. A cualificación BOLETÍNS DE EXERCICIOS (40% da nota final) e LAMINAS TIPO (10% da nota final) será válida para convocatorias sucesivas en caso de non superar a materia. DATAS DE EXAMES OFICIAIS Os exames realizaranse sempre de forma presencial, salvo que a Universidade de Vigo decida o contrario. As datas de exame son as aprobadas pola Xunta de Facultade de Ciencias de Ourense (en caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e a web do Centro).
FIN DE CARREIRA: 27/09/2024 a las 10:00 h
1º EDICION: 28/03/2025
a las 10:00 h 2ª EDICION: 14/07/2025
a las 10:00 h |