Esta asignatura proporciona coñecementos científico-técnicos sobre as operacións unitarias útiles para o tratamento de augas residuais abordando os fundamentos, principios de deseño e operación, así como equipos e exemplos de aplicación de estas tecnoloxías.
O curso proporcionará:
1) revisión de conceptos xerais (caracterización, regulación, criterios de selección,…)
2) presentación das diferentes operacións unitarias físicas, químicas e biolóxicas
3) criterios para a selección de tecnoloxías comerciais e no desenvolvemento para o tratamento de augas residuais domésticas e industriais, xestión de lodos e reutilización de subprodutos e auga.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán
solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da
materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.