I - Sistemas de avaliación e preferencia da avaliación continua: O alumnado poderá ser cualificado mediante un dos seguintes sistemas de avaliación: a) Avaliación global: a nota da materia coincidirá co 100% da cualificación obtida no exame final oficial. b) Avaliación continua: a nota da materia resultará dunha media ponderada entre o exame final e as probas practicadas durante o curso, conforme ao detalle que se exporá no apartado II seguinte.
A modalidade preferente é a avaliación continua. O alumnado que desexe o sistema de avaliación global (o 100% da cualificación no exame final), debe comunicarllo ao coordinador da materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia. Sen prexuízo do anterior, entenderase que o alumno renuncia á avaliación continua, pasando a cualificarse baixo o sistema de avaliación global, en calquera dos seguintes supostos: a) Cando acumule unha inasistencia superior ao 40% dos seminarios. b) Cando non supere a metade dos controis de avaliación continua que se mencionarán no apartado II seguinte.
II -Cualificación mediante o sistema de avaliación continua: Os estudantes que sigan o sistema de avaliación continua, obterán a súa nota final dunha media ponderada calculada da forma seguinte: a) o 40% da cualificación que mereza o exame final sobre o conxunto da materia. b) o 60% da cualificación que mereza a participación activa do estudante nas actividades académicas (art. 20.1.d Regl. 18-3-2023), cos seguintes mecanismos correctores: 1º.- No caso de que a participación activa mereza unha cualificación inferior á do exame final, aquela non se terá en conta evitando o prexuízo do estudante, salvo que derive de actuacións contrarias aos deberes contidos nos apartados b, c, d e e do art. 13.2 do R.D. 1791/2010, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. 2º.- Para que a participación activa poida despregar efectos favorables sobre a avaliación do estudante, a cualificación do exame final debe ser superior a 4 puntos sobre 10.
A mera asistencia non se valora. A presenza física dun estudante en clase non é un mérito, nin representa unha actividade que acredite actitude ou aptitude nos termos necesarios para avaliar competencias, habilidades, coñecemento ou madurez. En troques, si se valora na avaliación continua (art. 20.1.b e c Regl. 18-4-2023): a) a asistencia activa (asistencia + participación), que o alumno deberá demostrar superando as probas orais e/ou escritas ás que sexa sometido, b) a disposición para efectuar lecturas ou traballos complementarios tutorizados polo equipo docente, c) e a participación voluntaria en actividades académicas presenciais complementarias.
Durante o período docente celebraranse, como mínimo, as seguintes probas de avaliación continua: a) Respecto ao temario de Dereito Penal, un control de 20 a 30 preguntas tipo test b) Respecto ao temario de Dereito Internacional, un control de 20 a 30 preguntas tipo test c) Respecto ao temario de Dereito Administrativo, dous controis de 20 a 30 preguntas tipo test cada un. III -Extensión da cualificación de avaliación continua:A cualificación obtida mediante a participación nas sesións maxistrais e seminarios conservarase durante todas as convocatorias do curso académico, excepto: a) na convocatoria de fin de carreira. b) na segunda edición (ou xullo), cando a cualificación de avaliación continua non alcanzase o nivel de aptitude mínimo. Neste suposto entenderase que o alumno renunciou válidamente á avaliación continua, cualificándose a materia unicamente co 100% da proba final. c) nun curso académico distinto a aquel onde se desenvolveu a avaliación continua.
IV -Convocatoria de fin de carreira: Quen opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame, que representará o 100% do a nota da materia. En caso de non asistir a ese exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto do alumnado. V -Data dos exames finais: As probas finais da materia celebraranse nas seguintes datas: Fin de carreira: 27-9-2024, ás 10 horas 1ª edición (fin do bimestre): 28-3-2025, ás 10 horas 2ª edición (xullo): 14-7-2025, ás 10 horas
En caso de erro ao mencionar as anteriores datas, prevalecerán as aprobadas oficialmente e publicadas pola Facultade no taboleiro de anuncios e na súa web oficial. |