Hai dúas modalidades de avaliación: 1. Avaliación continua 1. Avaliación global A modalidade de evaluación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicalo ao responsable de materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia Na avaliación continua: 1. A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas en cada unha das metodoloxías programadas. 2. É condición indispensable para superar a materia obter un 5 sobre 10 na valoración de cada metodoloxía e ter entregadas todas as actividades docentes propostas. 3. En caso de non obter unha puntuación igual ou superior a 5 no exame de preguntas curtas, a nota en actas será a do exame, non contabilizando o resto de actividades docentes até superar dita nota. 4. Isto mesmo se aplicará ao resto de actividades docentes en caso de non alcanzar nalgunha delas unha nota igual ou superior a 5. En actas reflaxarase únicamente a nota desa actividade, ata que se supere o 5. 5. O alumnado que en 1ª convocatoria non alcance a nota mínima establecida para a proba de preguntas curtas (polo menos un 5) se lle guardará a calificación do resto de actividades para a 2ª convocatoria do mesmo curso. 6. Para superar a materia deberán alcanzar un 50% da nota máxima en cada unha das partes avaliables. Datas de Exámenes: Fin de Carreira: 24 setembro 2024 16 h 1ª Edición: 26-Marzo-2025 16 h 2ª Edición: 9-Xullo-2025 16 h En caso de erro na transcripción das datas de exámenes, as datas válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no tablón de anuncios e na web do Centro. Convocatoria fin de carreira: o alumno
que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado úicamente co
exame (que valdrá o 100% da nota). En caso de non asistir a devandito exame, ou
non aprobalo, será avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos. |