A modalidade de avaliación preferente é a avaliación Continua. Aquel/a alumno/a que desexe a avaliación global (100% da nota no exame final) debe comunicarselo o responsable da materia, por email o a través de Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o comenzo da docencia da materia. Os exames terán lugar nas seguintes datas de xeito presencial, salvo que a Universidade de Vigo decida o contrario. a) Fin de carreira: 27/09/2023 - 16:00 b) Convocatoria fin de bimestre: 07/06/2024 - 16:00 c) Convocatoria segunda oportunidade: 11/07/2024 - 10:00 En todo caso, de haber un erro na transcrición das datas, as válidas serán as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro. Na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado que opte por esta modalidade será avaliado únicamente polo exame que valerá o 100% da nota. Na convocatoria de xullo, o alumnado poderá optar
a ser avaliado únicamente polo exame que valdrá o 100% da nota. AVALIACIÓN CONTINUA Deberá obterse unha cualificación mínima de 4,0
na resolución de problemas e na proba de cuestións teóricas para superar a
materia. O cómputo da porcentaxe do resto de actividades
será efectivo sempre cando se obteña unha puntuación mínima de 3.5 puntos. Ademáis, requírese a asistencia ao 80% das sesións de prácticas de laboratorio. No caso de que a calificación obtida no exame final sexa máis alta que
o resultado de darlle un peso do 45% ao exame, 20% ás prácticas e 35% ao
traballo tutelado, a calificación final será a obtida no exame. O alumnado con ocupacións laborais, ou similares,
que non poidan acudir con regularidade a algunha das actividades porase en
contacto co profesor cando se inicie o bimestre. |