Guia docente 2024_25
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Sector Primario e Secundario
 Materias
  Innovación Docente e Iniciación á Investigación na Formación Profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Actividades de aula e observación e seguimento da asistencia e a participación do alumno ou alumna. 20 C25
C26
D1
D3
Traballo Texto elaborado como proxecto de innovación docente e que ha de redactarse seguindo unhas normas establecidas. 40 C24
C25
C26
D1
D3
Traballo Texto elaborado como proxecto de investigación educativa e que ha de redactarse seguindo unhas normas establecidas. 40 C26
C27
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alumnado da modalidade de Avaliación
Continua:

Para o alumnado que opte pola modalidade de Avaliación
Continua
, as actividades de aula e os traballos de innovación docente e de investigación educativa, serán obrigatorios. Ademáis, computarase a asistencia a
clase, que tamén será obrigatoria (requírese a asistencia regular a polo menos
o 80% das sesións). Os traballos entregaranse a través da plataforma (Moovi),
segundo o calendario que se estableza. 

Para aprobar a materia será necesario
obter polo menos o 50% da cualificación proposta en cada apartado obxecto de
avaliación: Traballo tutelado, Traballo de Innovación e Traballo de Investigación. Os e as estudantes que non superen algunha destas probas de avaliación, poderán recuperala/s na convocatoria de xullo.

 

Alumnos da modalidade de Avaliación
Global:

O alumnado que non poida seguir a avaliación continua, o indicará ao docente a
primeira semana de clase, e realizará unha proba dos contidos da materia na data marcada no calendario
do mestrado para os exames oficiais. Esta proba basearase no rigor e
afondamento nos coñecementos e competencias que debe acadar o alumnado na
materia, suporá o 100% da nota final, e estará estructurada da seguinte
forma: unha parte, con preguntas obxectivas: 40%; outra parte, con
preguntas curtas e/ou de desenvolvemento: 40%; e unha parte, con supostos e/ou
casos prácticos: 20%. Os pormenores e características de dita proba
serán concretados polo profesorado o día da presentación da materia ou cando se
faga a consulta persoalmente. 

Para superar a materia, o alumnado de avaliación global, haberá de obter, como
mínimo o 50% da nota proposta en cada unha das probas de avaliación sinaladas. Os e as estudantes que non superen algunha das probas de avaliación,
poderán recuperala/s na convocatoria de xullo.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000