Guia docente 2024_25
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuadrimestre realizaranse 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación
obtida en cada test suporá un 20% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á
realización do exame final. As datas de celebración de cada
test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
C9
C13
D1
D2
D4
D5
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase dunha proba teórica e escritura, que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
C9
C13
D1
D2
D4
D5
D6
Observación sistemática Avaliación continua das clases teóricas e prácticas. As actividades concretas obxecto de avaliación serán especificadas e explicadas polo docente responsable o primero día da clase. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
C9
C13
D1
D2
D4
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA COMÚN DECEMBRO/XANEIRO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final).

a) Avaliación continua. Para poder optar por este sistema, o alumnado deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases

teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ej. enfermidades de longa duración verificadas con informe médico-,

se permita xustificar a ausencia.

En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.

EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN DA OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO

TEST-EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS- POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE

DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚLTIMA PROBA. DE NON OBTERSE

UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A

CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.

b) Avaliación final. O estudantado que non se acolla ao sistema de avaliación continua ou que renuncie, será avaliado nun

examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e

representará o 100% da nota final, computanto o 70% a parte teórica e o 30% a parte práctica).

CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2º oportunidade)

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xaneiro, a nota obtida na avaliación continua

desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xuño-xullo (2ª oportunidade). Porén, se non

superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumnado tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico que

representará o 100 % da nota final (70% parte teórica e 30% parte práctica).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000