As institucións públicas do século XXI lexitímanse tanto polo que son como polo que fan, polas políticas públicas que poñen en marcha, polos servizos públicos que prestan os seus diferentes niveis de Goberno e administración.
É neste contexto complexo de prestación de servizos no cal os profesionais do sector público deben desenvolver as súas competencias e habilidades.
Por iso é polo que se o século XX foi un período de desenvolvemento de estruturas burocráticas e xerenciais, e de deseño e implementación de políticas públicas, o século XXI está a selo do redeseño, xestión e gobernanza dos novos servizos públicos.
Servizos públicos que deben ser reorientados cara a marcos da Axenda 2030 e modelos intergobernamentais máis inclusivos, equitativos, éticos e en rede, co obxectivo de conseguir mellorar os seus procesos ("input-output") e alcanzar maiores e mellores resultados ("outcomes").
A materia de "Xestión de Servizos Públicos" está enmarcada nas formulacións anteriores, nun contexto multinivel europeo, estatal, autonómico e local, ademais de dirixida a que o alumnado consiga as competencias e habilidades necesarias para coñecer e aplicar os principios básicos dos servizos públicos post-COVID-19, innovadores, híbridos (presencial-virtuais) e éticos nun mundo local e global.