Segundo a OMS, urxencia é a aparición fortuíta (imprevista ou inesperada), en calquera lugar ou actividade, dun problema de saúde de causa diversa e gravidade variable, que xera a conciencia dunha necesidade inminente de atención por parte de suxeito que a sofre ou da súa familia, así as UUH defínense como unha organización de profesionais sanitarios que ofrece asistencia multidisciplinar, situada nunha área específica do hospital, que cumpre uns requisitos funcionais, estruturais e organizativos, que garanten condicións de seguridade, calidade e eficiencia para atender ás urxencias e a emerxencia. Unha organización de profesionais sanitarios que ofrece asistencia multidisciplinar nun espazo específico do hospital, que cumpre uns requisitos funcionais, estruturais e organizativos, de forma que garante as condicións de seguridade, calidade e eficiencia adecuadas para atender pacientes que, sendo susceptibles de recuperación, requiren soporte respiratorio ou que precisan soporte respiratorio básico xunto con soporte de, polo menos, dous órganos ou sistemas; así como todos os pacientes complexos que requiran soporte por fallo multiorgánico.