O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da asignatura e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA OU GLOBAL). A elección individual do estudantado será comunicada ao centro, segundo a metodoloxía establecida para elo e publicada na web. AVALIACIÓN CONTINUA (AC):O 10% de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito de AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza de órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica. A calificación da avaliación continua obterase mediante a suma de: (EC+TT+RP+AC+EX+AU). Será necesario acadar mínimo un catro sobre dez no exame para optar ao sumatorio do resto de metodoloxías que integran a asignatura, de carácter obrigatorio todas elas. EC: TALLER NEUROCIRURXÍA: NOV-DIC. TT: TRABALLO TUTELADO: SEP-OCT-NOV-DIC. TRABALLO+EXPOSICIÓN. RP: RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS: DIC. AC: APRENDIZAXE COLABORATIVO: OCT-NOV. AV: AUTOAVALIACIÓN: APROXIMADAMENTE 15 MINUTOS DE CADA SESIÓN. EX: 40 PREGUNTAS TEST (XANEIRO). A data do exame coincidirá coa establecida no calendario oficial de exames. Data compartida coa modalidade de avaliación global. Aqueles estudantes que non poidan seguir a avaliación continua, o renunciaran a ela, serán avaliados mediante unha proba final que suporá o 100% da calificación da asignatura (Avaliación global). IMPORTANTE: Toda a información necesaria para o desenvolvemento das distintas probas que compoñene a AC será divulgada en en tempo e forma a través de MOOVI. AVALIACIÓN GLOBAL (AG): Realizarase un examen global que suporá o 100% da calificación da materia. O exame será tipo test (100 preguntas) con catro opcións de resposta. Cada resposta correcta valerá catro puntos. Cada resposta incorrecta restará un punto. Para superar a materia deberá alcanzarse una nota mínima de 5/10. 2ª OPORTUNIDADE: De non superar a asignatura en calquera das dúas modalidades na 1ª oportunidade, implicará que a 2ª oportunidade se optará pola avaliación global. COMPROMISO ÉTICO: Espérase que o estudantado presente un comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados...). considerarase que o estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira oportunidade, sera de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. |