Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Exposición dos contidos xerais por cada un dos profesores/as intergrantes da materia e comunicación dos requerimentos das metodoloxías/probas integrantes da mesma. |
Traballo tutelado |
O/a estudante, de maneira individual, elabora un documento seguindo as directrices do profesor responsable, sobre unha temática da materia concreta.
Trátase dunha actividade autónoma do estudante que inclúe a procura e recollida de información, lectura, manexo de bibliografía actualizada, redacción, exposición e defensa. |
Aprendizaxe colaborativa |
Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa
propia aprendizaxe. |