O estudiantado pode optar por avaliación continua ou avaliación global, segundo as súas necesidades individuais.
Avaliación continua: Asistencia obrigatoria. Ao alcanzar o 10% de faltas non xustificadas, pérdese o dereito á avaliación continua. A cualificación segundo esta opción, comporase de: SEMINARIO (10%), ESTUDO DE CASOS (10%), RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS (20%) e EXAME I DE PREGUNTAS OBXECTIVAS (30%) e EXAME II DE PREGUNTAS OBXECTIVAS (30%). A data do Exame I, difundirase a través de Moovi e do Exame II, coincidirá coa data establecida para o exame global, no calendario académico oficial. Deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10 en cada metodoloxía avaliada, en caso de non alcanzar esta cualificación, non se opta á cualificación por EC.
Avaliación global: O estudiantado que renuncie ou perda a avaliación continua, optará a unha proba final cun valor do 80 % dado que o seminario e o estudo de casos é obrigatorio (20%). O exame será tipo test, con 4 opcións de resposta; cada erro resta 0.25 do cómputo total de correctas. Deberase alcanzar unha nota mínima de 5 sobre 10 para superar a materia. Os exames realizaranse nas aulas 21 e 23, segundo o calendario oficial publicado na web do centro. |