O primeiro dia de clase o profesor entrega cronograma con detalle de datas para presentar traballos, horas de titoría, información sobre avaliación e resolve as dúbidas que presenten os alumnos en relación ao curso. Cada alumno escolle entre avaliación continua ou avaliación global. Avaliación continua: O alumno asiste regularmente a clase, participa na elaboración do traballo en grupo, elabora traballo individual e cumplimenta as probas escritas ao longo do cuatrimestre máis ao final. - As probas escritas referentes as exposicións do profesor e traballos grupais (correxidos-resumidos polo profesor) cumprimentásense nos días posteriores a presentación en clase, se non alcanzan puntuación de 5 han de repetirse no examen oficial ao final do cuatrimestre. Supoñen o 40% da cualificación. (Se non se obtén polo menos puntación de 5, non se aproba a materia). - Elabórase traballo en grupo con titorías e posterior exposición en clase (supón o 30% da cualificación). - Realízase en clase estudo de casos, que avaliados mediante proba escrita (supón o 20% da cualificación). - Elabórase traballo individual sen exposición, (supón o 10 % da cualificación). Ainda no caso de ir conseguindo resultados satisfactorios no itinerario mencionado, o alumno tamén pode optar a proba de avaliación final para mellorar a nota, en sempre respetarase a cualificación obtida na avaliación continua. Pérdese o dereito a avaliación continua cando as faltas non xustificadas superen o 10%,non se realice o traballo grupal ou non se entregue o traballo individual, nese caso ha de superar a proba de avaliación global, tal como ven descrita a continuación. Avaliación global: Se o estudante elixe esta modalidade, ou perde o dereito da avaliación continua, pode asistir a clases e participar nos traballos (non recibindo cualificación), pero ha de superar unha proba escrita global: (preguntas de desenvolvemento) que fai referencia a todos os contidos abordados no curso e compartidos en moovi, (exposicións do profesor e traballos de alumnos correxidos/resumidos polo profesor). Datas de exames de 1ª e 2ª oportunidade, publicaranse na web do centro. AULAS 21 e 23. O EXAMEN DE XUNIO SEMPRE TERÁ FORMA DE AVALIACIÓN GLOBAL NO QUE ENTRAN TODOS OS CONTIDOS ABORDADOS NO CURSO E COMPARTIDOS EN MOOVI. |