Coa finalidade de xustificar a asistencia nas unidades de hospitalización, cada alumno/a deberá utilizar unha folla,
habilitada a tal fin, na que firmará a persoa (enfermeira) que o/a acompañara na xornada. De producirse unha ausencia, por motivo xustificado, ás prácticas de laboratorio ou aos obradoiros, a profesora porá a disposición do alumnado implicado a posibilidade de recuperar a(s) clase(s) perdida(s), sempre que sexa posible. De non seren así, propondrá a realización dunha actividade alternativa. As
ausencias ás prácticas de hospitalización, poderán ser recuperadas, ben en horario de tarde, en sábados o en
días lectivos posteriores á finalización do periodo de
prácticas, dentro do periodo lectivo, e nunca impricando
doblaxe de turno (realizar prácticas en horario de mañana e tarde nun mesmo día). Esta recuperación deberá facerse sempre previo
aviso por escrito mediante o correo electrónico á profesora tutora e ao/á supervisor/a da unidade na que esté realizando las prácticas, e tendo obtido o permiso da primeira para realizala. Para poder superar a materia, é necesario ter acudido a un mínimo do 85% da totalidade das horas programadas en todas as actividades. As ausencias non recuperadas computaránse segundo o establecido na normativa de prácticas clínicas. Para poder superar as prácticas, é indispensable achegar a folla de firmas, que é o documento que acredita a cumplimentación das horas requeridas.
No caso de non acadar as competencias requeridas, as prácticas
poderán prolongarse, dentro do periodo lectivo da materia, o tempo que a profesora tutora considere necesario. Máis información acerca da asignatura (exames, contidos, avaliación...) na plataforma Moovi, dispoñible no seguinte enlace: https://moovi.uvigo.gal/ |