1. Oportunidade ordinaria 1.1 Avaliación continua - A cualificación final G0 resulta da cualificación de aula A0 (80% da cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación de laboratorio L0 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque III. - A cualificación A0 componse da cualificación de aula C0 (40% da cualificación final), que se obtén mediante probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios) a realizar durante o curso, e da cualificación de aula F0 (40% da cualificación final), que se obtén dunha proba final teórico-práctica que se celebrará o mesmo día que o exame da oportunidade ordinaria. - A cualificación L0 componse da cualificación L01 (10% da cualificación final), que se obtén mediante probas teórico-prácticas a realizar durante o curso (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios) sobre os contidos do Bloque III.1, e a cualificación L02 (10% da cualificación final), que se obtén dun informe de prácticas sobre os contidos do Bloque III.2. Só os alumnos que asistisen regularmente ao laboratorio poden optar a unha cualificación L0 distinta de "0,0". - A cualificación final da avaliación continua na oportunidade ordinaria obtense como G0 = A0 (80%) + L0 (20%) = C0 (40%) + F0 (40%) + L01 (10%) + L02 (10%) - Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación final G0 igual ou superior a 5. 1.2 Avaliación global - Aqueles estudantes que teñan concedida a renuncia á avaliación continua na oportunidade ordinaria obterán o 100% da súa cualificación final G1 dun exame correspondente á oportunidade ordinaria. - A cualificación G1 resulta da cualificación de aula A1 (80% da cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación de laboratorio L1 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque III.1. - A cualificación A1 componse das cualificacións C1 (40% da cualificación final) e F1 (40% da cualificación final), que se obteñen de probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios). - A cualificación L1 (20% da cualificación final) obtense dunha proba teórico-práctica (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios). - A cualificación final da avaliación global na oportunidade ordinaria obtense como G1 = A1 (80%) + L1 (20%)= C1 (40%) + F1 (40%) + L1 (20% - Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación final G1 igual ou superior a 5. 2. Oportunidade extraordinaria - Todos os alumnos, tanto se teñen coma se non teñen concedida a renuncia á avaliación continua, obterán o 100% da súa cualificación final G2 dun exame correspondente á oportunidade extraordinaria. - A cualificación G2 resulta da cualificación de aula A2 (80% da cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación de laboratorio L2 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque III.1. - A cualificación A2 componse das cualificacións C2 (40% da cualificación final) e F2 (40% da cualificación final), que se obteñen de probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios). - A cualificación L2 (20% da cualificación final) obtense dunha proba teórico-práctica (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios). - A cualificación final da avaliación continua ou da avaliación global na oportunidade extraordinaria obtense como G2 = A2 (80%) + L2 (20%)= C2 (40%) + F2 (40%) + L2 (20%) - Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación final G2 igual ou superior a 5. 3. Características comúns e interconexión entre as alternativas de avaliación - Na avaliación continua e global correspondente ás oportunidades ordinaria e extraordinaria que se definiron nas seccións anteriores, podemos clasificar as cualificacións equivalentes entre si en tres grupos formados por tres elementos cada un: as cualificacións de aula C0, C1 e C2, as cualificacións de aula F0, F1 e F2 e as cualificacións de laboratorio L0, L1 e L2. Se C é a cualificación válida máis recente das cualificacións C0, C1 e C2, F é a cualificación válida máis recente das cualificacións F0, F1 e F2 e L é a cualificación válida máis recente das cualificacións L0, L1 e L2, a cualificación final G nas oportunidades ordinaria ou extraordinaria, sexa pola vía da avaliación continua ou da avaliación global, obtense como G =C(40%) + F (40%) + L(20%) - Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación final G igual ou superior a 5 en calquera das alternativas de avaliación. - Para obter a cualificación final G2 na oportunidade extraordinaria un estudante, con ou sen renuncia a avaliación continua, poderá optar entre: a) realizar a parte do exame da oportunidade extraordinaria correspondente ás C2, F2 e/o L2, que se empregarán na fórmula da cualificación final da avaliación na oportunidade extraordinaria G2. b) empregar a súa cualificación válida máis recente de cada tipo (C0 ou C1, F0 ou F1 e/o L0 ou L1) para substituír, respectivamente, ás cualificacións C2, F2 e/o L2 na fórmula da cualificación final da avaliación na oportunidade extraordinaria G2, non respondendo a parte correspondente do exame desta oportunidade. 4. Convocatoria de fin de carreira - A convocatoria de fin de carreira segue o mesmo esquema de avaliación que a oportunidade extraordinaria. - A avaliación na convocatoria fin de carreira é completamente independente das avaliacións na oportunidade ordinaria e na oportunidade extraordinaria (en particular, non son de aplicación as características e interconexións descritas na sección anterior). 5. Normas de avaliación complementarias - Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia e a cualificación final na correspondente oportunidade de avaliación será "suspenso (0,0)". - As probas de avaliación e a súa corrección serán realizadas conxuntamente polo colectivo de profesores que imparten a materia. - As datas dos exames en cada convocatoria serán as asignadas pola Dirección da E.E.I.. 6. Compromiso ético Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de que se detectase un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación final na correspondente oportunidade de avaliación será "suspenso (0,0)". |