Resolución de problemas |
A través desta metodoloxía realizarase a resolución de exemplos e exercicios ilustrativos da materia impartida nas sesións maxistrais co fin de facilitar a comprensión do material dado nas sesións maxistrais. Buscarase a interacción profesor-alumno solicitando a participación do alumno na resolución activa dos exercicios. |
Traballo tutelado |
Ao longo do curso, os alumnos desenvolverán un traballo en grupo, CASO PRÁCTICO, relacionado coa temática da materia que será proposto polo profesor utilizando como material de partida o temario do curso. |