Avaliación:
PRIMEIRA CONVOCATORIA Considerarase que un/unha estudante cursa a materia en réxime de avaliación continua,
sempre e cando non renuncie oficialmente á avaliación continua, é
decir, sempre que non solicite a "renuncia á avaliación continua", nos
prazos fixados pola dirección da E.E.I. a tal fin. Un/unha alumno/a que "non renuncie oficialmente á avaliación continua", estará suspenso/a se non acada unha NOTA MÍNIMA de 4,0 ptos (sobre 10) en cada unha das probas de avaliación recollidas nesta guia,
é dicir, tanto no "Exame de preguntas obxectivas", como na "Resolución
de problemas e/ou exercicios", no "Estudo de casos" e no "Informe de
prácticas". De supera-la nota mínima, dito/a alumno/a aprobará a materia se a súa CUALIFICACIÓN FINAL é ≥ 5,0,
é dicir, se a suma das calificacións obtidas no "Informe de prácticas",
no "Estudo de casos", na "Resolución de problemas e/ou exercicios" e no
"Exame de preguntas obxectivas" é ≥ 5,0. Ademais,
se un alumno/a falta a mais de 1 "práctica de laboratorio", sen causa
xustificada, para aproba-la materia terá que facer un exame das
prácticas que non fixo. Un/unha alumno/a que "renuncie oficialmente á avaliación continua",
fará un "Proba de Avaliación global" (Exame de preguntas obxectivas +
Resolución de problemas e/ou exercicios) que valerá o 90% da nota final,
e un "Exame de prácticas" que valerá o 10% da nota final. En calquera
caso, para aproba-la materia, o/a alumno/a debe acadar o 50% da nota
máxima en cada unha das partes que constitúen a materia, é dicir,
teoría, problemas e prácticas.
SEGUNDA COVOCATORIA: Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios. En
relación co exame de Xullo, manterase a cualificación do "Estudo de
casos" e do "Informe de prácticas", sempre que na 1ª convocatoria o/a
estudante acadase a nota mínima esixida. En
canto o "Exame de preguntas obxectivas" e a "Resolución de problemas
e/ou exercicios", no caso en que na 1ª convocatoria, un/unha alumno/a
suspendese unha das duas probas e aprobase a outra cunha nota ≥ 6, en
Xullo soamente terá que repeti-la proba suspensa.
Compromiso ético: Espérase
que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de
detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, emprego de
dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese
caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO
(0,0 puntos). Non se permitirá o
emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de
avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un
dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado
motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a
cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos). |