Mediante o estudo desta materia preténdese que o alumno sexa capaz de analizar a avaliación do risco tóxico por medio da identificación de perigos e a avaliación da exposición a tóxicos a través da inxesta de alimentos de orixe mariña, así como
xestionar unha crise alimentaria. Para iso no temario desta materia abordaranse diversas cuestións sobre: parámetros físico-químico-biolóxicos da caracterización da calidade de alimentos de orixe mariña, os principios básicos da Toxicoloxía Xeral, e da Seguridade Alimentaria, e a aplicación dos mesmos aos produtos da pesca (estudando a toxicoloxía das toxinas mariñas, metais, axentes tóxicos emerxentes, etc.), e a normativa vixente sobre estas cuestións e sobre prevención de riscos laborais en industrias pesqueiras e conserveiras.