A data, hora e lugar de realización das probas de evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/ Para aprobar a materia será necesario superar cun total de 5 puntos sobre 10 todas e cada unha das probas realizadas durante a materia. Se a nota final obtida nas probas de tipo test e probas de resposta longa non alcanza os 5 puntos, repetiranse estas probas nos exames finais da materia. Os informes de prácticas, traballos e proxectos que non alcancen a cualificación mínima, terán que enviarse coas correccións oportunas no prazo que estimarán os profesores en cada caso. A realización por parte do alumno de calquera proba das que se mostran anteriormente será tida en conta inmediatamente para a cualificación final e constará na acta como alumno presentado na convocatoria correspondente. A falta inxustificada a unha das sesións de seminarios ou prácticas supón a non avaliación das probas ou actividades que corresponda, debéndose repetir no curso seguinte.
Opción de avaliación global. A solicitude para esta opción de avaliación terase que
presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con
anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas e
seminarios, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción
de avaliación. A non
asistencia ás prácticas sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así
como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade). Únicamente se convalidarán para o curso seguinte as seguintes actividades no caso de realizalas no presente curso e telas superadas: - Presentacións exposicións - Prácticas de laboratorio - Saídas de estudo/prácticas de campo - Traballos e proxectos - Informes/memorias de prácticas Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia, plaxio ou falta de participación en actividades grupais) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario |