Prácticas de laboratorio |
O alumnado realizará 3 sesións de prácticas no laboratorio: dúas sesións de 2,5 h cada unha de Fisioloxía animal, e unha sesión de 5 h de Fisioloxía vexetal.
A asistencia ás mesmas é obrigatoria para superar a materia. |
Foros de discusión |
FISIOLOXÍA VEXETAL, a través da plataforma Moovi:
-Foro virtual de repaso: Artigos científicos e sitios web de citoloxía e histoloxía de vexetais mariños
-Foro virtual de innovación e estado da arte: Artigos científicos e sitios web de asuntos fisiolóxicos/ecofisiolóxicos de vexetais mariños
-Exercicios virtuais de propostas de preguntas e cuestións para o exame final
Cada aportación de calidade aos foros suma unha décima á nota final de FISIOLOXÍA VEXETAL, ainda que non penalizan se non se participa.
|