Reaccións bioxeoquímicas no mar |
Enerxía no ecosistema. Ciclos de materia alimentados por fluxos de enerxía. Diversidade metabólica da biosfera. Compartimentos, balances de masa e tempos de residencia. Osíxeno: distribución e gradientes redox. Reaccións do carbono: acidificación. Reaccións do nitróxeno: eutrofización. Reaccións do fósforo: dinámica na interfase auga-sedimento.
|
Dinámica de poboacións illadas |
Concepto de individuo e poboación. Características das poboacións. Estratexias evolutivas. Ecuación fundamental do crecemento poboacional. Crecemento densoindependente: modelo exponencial. Crecemento densoindependente en poboacións con estrutura de idade: táboas de vida, curvas de supervivencia, diagramas de Allen. Crecemento densodependente: modelo loxístico. Variacións do modelo loxístico: atraso temporal, efecto Allee, crecemento discreto.
|
Estrutura e función das comunidades |
Concepto, ensamblaxe e filtros. Diversidade específica, biodiversidade, riqueza específica e diversidade funcional. Equitatividade: modelos de distribución de abundancia. Índices de diversidade. Relación diversidade-funcionamento de ecosistemas. Diversidade no espazo: espectros e gradientes. Topoloxía das redes tróficas. Especies chave e fervenzas tróficas. Control top-down vs bottom-up. |
Conservación e xestión de ecosistemas |
Sistemas socio-ecolóxicos. Servizos ecosistémicos: oferta e demanda. Análise de interaccións e identificación de conflitos. Bases da conservación de ecosistemas. Xestión de ecosistemas baseada na resiliencia. Respostas non lineais e histéresis. Principios para o mantemento dos servizos ecosistémicos. |