Para superar a materia son requisitos imprescindibles a asistencias ás prácticas de laboratorio e acadar unha cualificación mínima de 5,0 puntos sobre 10 na segunda proba. No caso de non acadar a devandita puntuación a cualificación que se reflectirá na acta será únicamente a cualificación deste exame, non contabilizándose ningún dos demais apartados.
A non asistencia ás prácticas de laboratorio (sen xustificar) suporá a calificación de suspenso na acta.
A
cualificación global na acta será a suma ponderada das probas (55%), as prácticas de laboratorio (15%), os test de autoevaluación (15%) e os Seminarios (15%)). O cómputo das metodoloxías avaliables: prácticas de laboratorio (15%), test de autoevaluación (15%) e Seminario (15%) será efectivo sempre e cando se obteña unha puntuación mínima, en cada unha delas, de 3.5 puntos.
A realización dalgunha proba avaliable, implicará a condición de "presentado" e, polo tanto, a asignación dunha cualificación de acordo co recollido nesta guía docente.
Segunda oportunidade:
Para a avaliación na segunda convocatoria, manteranse as cualificacións e as porcentaxes das prácticas de laboratorio, dos tests e de Seminario. O exame global nesta convocatoria ponderará un 55%. Para aprobar a materia nesta convocatoria, será necesario acadar unha cualificación mínima de 5,0 puntos sobre 10 no exame global, no que se evaluarán todos os contidos da materia.
Opción de avaliación global
A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade). Para superar a materia nesta modalidade deberá realizar e superar a avaliación das Prácticas de Laboratorio (15% da nota global) con cualificación igual ou superior a 4 puntos sobre 10. Ademais, deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 nunha proba na que se avaliarán todos os contidos da materia, que contará o 85% da nota final, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria.
Outras consideracións:
Requírese do estudiantado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.
Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso académico completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para, en caso de reincidencia, solicitar á reitoría a apertura dun expediente disciplinario.