Exame de preguntas de desenvolvemento |
Exame no que o alumno debe solucionar unha serie de cuestións, problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
Os resultados da aprendizaxe son:
- Proporcionar as bases para a caracterización e explotación dos distintos tipos de recursos hidroxeológicos.
-Coñecer os parámetros que definen a calidade e composición química da auga subterránea
- Coñecer os principios de funcionamento das tecnoloxías para o tratamento de augas
-Integrar os aspectos medioambientais de acordo coa lexislación actual, así como profundar nas novas tendencias da xestión dos recursos hídricos e a gobernanza da auga.
|
40 |
A1 A2
|
|
C1 C6 C7 C15
|
D9 D10 D12
|
Estudo de casos |
Ao longo do cuadrimestre se traballará nunha serie de casos prácticos que os alumnos deberán resolver dacordo coas directrices marcadas polo profesorado. A resolución dos casos prácticos presentarase ao profesorado para a súa valoración. Tratarase de exercicios nos que se expón unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc.
Os resultados da aprendizaxe son:
- Proporcionar as bases para a caracterización e explotación dos distintos tipos de recursos hidroxeológicos.
-Coñecer os parámetros que definen a calidade e composición química da auga subterránea
- Coñecer os principios de funcionamento das tecnoloxías para o tratamento de augas
-Integrar os aspectos medioambientais de acordo coa lexislación actual, así como profundar nas novas tendencias da xestión dos recursos hídricos e a gobernanza da auga. |
40 |
A1 A2
|
|
C1 C6 C7 C15
|
D9 D10 D12
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Ao longo do cuadrimestre se plantearán exercicios prácticos relacionados coa hidroloxía, hidroxeoloxía e hidráulica subterránea, para a súa resolución tanto presencial como autónoma por parte do estudantado, que deberán ser entregados para a súa valoración polo profesorado |
20 |
|
|
|
|
Avaliación continua en primeira oportunidade Ao longo do cuadrimestre o estudantado realizará exercicios e problemas que deberá entregar, ademáis do estudo dunha serie de casos prácticos. Estas probas conforman o 60% da nota. Na data oficial de exame establecida polo centro se realizará unha proba (exame) de teoría e resolución de exercicos/problemas relacionados coa materia que conforma o 40% restante da cualificación. Para poder superar a asignatura será necesario obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 no exame; en caso de non acadar o mínimo, a cualificación global non poderá ser superior a 4. Avaliación continua en segunda oportunidade Conservarase a cualificación obtida no estudo dos casos prácticos (40%). Realizarase un exame de preguntas obxectivas e resolución de problemas/exercicios que conformará o 60% da nota. Para poder presentarse a esta convocatoria será necesario ter presentado a resolución dos casos prácticos. Para superar a materia será necesario obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 no exame; en caso de non acadar o mínimo, a cualificación global non poderá ser superior a 4.
Avaliación global en primeira oportunidade e segunda oportunidade
O alumnado que renuncie á avaliación continua, será avaliado sobre todo o contido teórico e práctico da materia mediante:
- Estudo e resolución dunha serie de casos prácticos: 50% da nota final
- Exame de teoría e problemas na data oficial establecida polo centro: 50% da nota final.
Para superar a materia será necesario obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 no exame; en caso de non acadar o mínimo, a cualificación global non poderá ser superior a 4.
Calendario de exames: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |