Unha vez comezado o cuadrimestre o estudantado terá un mes para comunicarlle ao coordinador da materia a súa decisión de renunciar ao sistema de avaliación continua e pasar a avaliación global. Avaliación continua, primeira oportunidade: Antes da data oficial do exame na convocatoria ordinaria, a cualificación de cada estudante virá da suma do Primeiro Parcial (30%) + Segundo Parcial (30%) + Traballo-Presentación oral (20%) + Traballo-Informe prácticas (20%). Cada parcial terá dúas partes: unha de teoría e outra de problemas. En cada parcial deberá obterse unha cualificación mínima de 3.5/10 tanto na teoría como nos problemas. Se non se supera este mínimo, a cualificación dese parcial corresponderase coa cualificación mínima obtida. É importante subliñar que as prácticas non son obrigatorias pero o estudantado poderá presentar o informe das prácticas de tódolos xeitos e será avaliado. O estudantado que non obteña máis dun 4 nalgún dos parciais, terá que facer a súa parte correspondente no exame final na data oficial da primeira oportunidade. Neste caso, o exame terá un peso na nota final do 30% (se non aprobou un parcial) ou do 60% (se non aprobou ningún dos dous parciais). No exame final, deberá obterse unha cualificación mínima de 3.5/10 na teoría e nos problemas das partes equivalentes a cada parcial. Se non se supera este mínimo, a cualificación desa parte equivalente a un parcial será a cualificación mínima obtida na teoría ou nos problemas. O resto de actividades seguen tendo o mesmo peso que os indicados previamente. Se se obtén máis dun 4/10 nas dúas partes equivalentes dos parciais no exame oficial, a cualificación final da materia corresponderase con: Primeiro Parcial (ou parte equivalente no exame final, 30%) + Segundo Parcial (ou parte equivalente no exame final, 30%) + Traballo-Presentación oral (20%) + Traballo-Informe prácticas (20%). Se non se cumpre o mínimo de 4/10, a nota final corresponderase coa nota máis baixa obtida nos parciais ou partes equivalentes no exame final. Avaliación continua, segunda oportunidade: O estudantado terá dereito a un exame cun peso dun 100% da nota final da materia. Neste caso o estudantado deberá obter como mínimo un 4/10 tanto na teoría como nos problemas. Se non se superan os mínimos, a cualificación final corresponderase coa cualificación mínima obtida. Se se superan os mínimos, o exame estará aprobado cunha cualificación de 5/10. Avaliación global: O estudantado que renuncie ao sistema de avaliación continua poderá presentarse ao exame final da materia nas datas oficiais, tendo este exame un peso dun 100% da nota final. Dito exame estará formado por unha parte de teoría e outra de problemas. En cada unha destas partes, deberá obterse unha cualificación mínima de 4/10. Se non se superan os mínimos, a cualificación final do exame corresponderase coa cualificación mínima obtida. Se se superan os mínimos, o exame estará aprobado cunha cualificación de 5/10. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |